Últimos comentarios

Arquivos

Categorías

Non publicidade


2 Xaneiro 2012

2012

A ver se este ano 2012 que comeza supón un rexurdimento da prensa en galego, despois dos peches acontecidos a partir de 2010. Polo de pronto, parece que están a ser un éxito as peticións de apoio levadas a cabo pola plataforma Vitaminas para o galego ou a de Sermos Galiza, co que moi pronto contaremos con novos medios, como é o caso de Praza Pública. Está en marcha dende hai pouco Tempos Dixital, a versión en liña de Tempos Novos. E xa nun eido non estritamente informativo, tampouco podemos esquecer o traballo dos compañeiros de Letra en Obras.

E agora poño este vídeo porque está relacionado. Ou non.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Actualización: E, efectivamente, como apunta Basilio Jr. tamén imos ter este ano un refrescante Dioivo, co que vai ser un auténtico dioivo de novidades na internet galega. Velaquí un dos adiantos cos que nos van agasallando.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

4 Setembro 2011

Vacacións (II)

Pois ben, as vacacións realmente comezaron en setembro.
Vacaciones Santillana

4 Xullo 2011

Vacacións

Pois a partir de agora vou ter aínda menos tempo de actualizar o blog, por rematar este ano sabático.

4 Abril 2011

Inventa a túa propia telenovela

Sempre ao servizo dos guionistas en potencia, dende hai uns días YouTube ofrécenos a posibilidade de inventar as nosas propias paranoias audiovisuais grazas ao servizo «create», con varias ferramentas, entre elas GoAnimate e Xtranormal, coas que se poden obter resultados coma estes, con tan só escribir unhas parvadas e engadir uns efectos dun xeito moi sinxelo.

25 Marzo 2011

Primolariiiiiii!

Hoxe hai 25 anos que se estreou esta serie tan lembrada, que creou tendencia na dobraxe española de Balki -que non se sabe exactamente de onde procedía-, con personaxes como Apu, dos Simpson, ou Sayid, de Lost. Tamén crearon tendencia -en Islandia- os xerseis que levaba o primo Larry.

Estreouse nos 80 nos Estados Unidos -onde durou oito temporadas- e despois nos 90 en España naquel interesante Canal+ en aberto.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Tamén hai unha web moi recomendábel, de deseño claramente revival, sobre a serie.

Parece ser que hai uns anos se fixo unha adaptación rusa, coa particularidade de que o primo non vén da illa pseudogrega de Mypos, senón de Euskadi, ou algo así.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

27 Febreiro 2011

Falsas autopromocións

Aínda que moita xente xa as viu no seu momento, vou poñer aquí tres promos falsas que se me deu por crear, coincidindo ou non con diversas efemérides e temas de candente actualidade.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

18 Febreiro 2011

21 normas

Hoxe atopei, por casualidade, este recorte que tiña gardado. Non sei se, despois de seis anos e medio, se cumpriu o compromiso ou aínda está en trámite. Ben, creo que vale para case todas as novas da páxina.

21 normas