Últimos comentarios

Arquivos

Categorías

Non publicidade


28 Setembro 2005

O Cesga saca a concurso a tradución ao galego do OpenOffice.org

OpenOffice.org é a suite ofimática libre por excelencia â€�que non a únicaâ€�, e a principal alternativa ao Microsoft Office que moitos teñen ilegalmente instalado nos seus discos duros.
Conta a Galipedia no seu artigo sobre OpenOffice.org o seguinte:

OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir de Sun StarOffice e licenciada coma software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux…) e Mac OS X.

OpenOffice.org está formado por:

* Writer (procesador de textos)
* Calc (folla de cálculo)
* Draw (deseño gráfico)
* Impress (programa de presentacións)
* Math (editor de fórmulas matemáticas)
* Base (base de datos)
* Un editor visual de páxinas web.
* Un gravador de macros.
* Filtros para a importación de ficheiros fomatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.

Máis información sobre esta nova na propia web do Cesga e en Barrapunto (de onde saquei a información, que un non che é omnisciente).
O meu comentario en Barrapunto â€�encóntrome un pouco lacazán para repetilo aquí.
Pensamentos que me veñen á cabeza:

  • Está ben isto do apoio institucional ao soft en galego.
  • Cousas así non pasaban antes.
  • 140.000 euros! Mi madriña!

1 comment to O Cesga saca a concurso a tradución ao galego do OpenOffice.org

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>