|
|||||
Amish nightEstreando o meu novo look amish -Ghanito dixit-, acudín o venres á noite á festa E-Music, dese fantástico programa que conduce maxistralmente Sak e que se celebrou por todo o alto no pub 14 de Monte Ídem. Ao final, só fomos tres persoas dende DC: Aluguer, que levaba o carro, Ictios e mais eu. Estes dous últimos estivemos a falar un bo anaco sobre temas endopodcasteiros mentres agardabamos por Aluguer, que logo se verían confirmados na Coruña, onde tivo lugar a meirande concentración de podcasteiros por metro cadrado. A viaxe Despois de deixar o vehículo no Parrote, nun aparcadoiro con guía euskaldún, dirixímonos até o punto de encontro, Axiña atopamos o pub 14, aínda que unha hora antes do comezo da festa en cuestión. E como non tiñamos moita idea de por onde quedaba a Mediterránea esa, chamei a Ascárida, para ver se nos podía guiar. A resposta non foi moi esperanzadora: o local ese levaba bastante tempo pechado. Así que ela e mais Ghanito apareceron uns minutos despois e, por diversos motivos, acabamos nunha kebabaría con simpática camareira de sorriso contaxioso. Na rúa A cea Mentres ceabamos e falabamos de temas endogámicos, endolaborais e endochuceiros, decateime -con axuda, claro- de que eu era o único que tiña o número de Nemtele, con quen quedaramos no restaurante chapado e contrachapado, pero, por desgraza, non contestou á miña chamada e non o vimos en toda a noite. Unha aperta para el (empezo a parecer Patricia Conde). A festa Despois foi o momento da festa propiamente dita. Atopamos alí moitísima xente coñecida -algunha non de vista-. Besbellinha, Maríademallou -a quen xa coñecía pero ela a min non-, Gustavo Harvey -el coñecíame a min pola foto do last.fm, non sei por que-, Calidonia -estreando look barbudo-, Gelical -ouvinte do meu podcast e, dende agora, eu tamén do seu-, e tamén Lourixe -por quen eu fun posuído en certa ocasión- e Maceirax, a quen só coñecía polo seu nick de Chuza! e pouco máis. Tamén apareceu por alí Vincent Jalo, que repartiu crachas de Sonotone a esgalla, e todo o mundo fixo uso da miña cámara de fotos, que eu levara para facer de fotógrafo pero que ao final pouco empreguei. Nin sequera fomos á perrucaría Maribel. Xa haberá tempo noutra ocasión. E, por suposto, gozamos -uns máis e outros menos- da música do Colectivo Oruga, ao que lle haberá que seguir a pista (sempre digo o mesmo). Eu xa son superfans. Fin de festa Despois, algúns (Aluguer, Calidonia, Ghanito, Ascárida, Ictios e mais eu) marchamos cara ao Patachim, situado non demasiado lonxe de alí, e coincidimos novamente con Vincent Jalo e compañía, que tiña unha noite un tanto casamenteira aínda que quizais sen moita puntaría -mellor non digo máis-. E despois de moito tequila e baile e música e todo iso -porque estaba o picadiscos que sempre nos fai caso-, fomos para a casiña porque temos o mal costume de pasar tres horas en cada sitio e, claro, así non se pode ver moita variedade de locais. Botamos en falta a Snob (un saúdo para el), que non quixera vir, e tamén a Mourullo, que quizais estaba un pouco canso de ter saído tamén o xoves (outro saúdo máis). Sugar Kane, de viaxe por Europa, tampouco estivo (un saúdo para el e moitas grazas pola postal de Praga). E poño esta foto de Abraham Lincoln aínda que non saiba moi ben por que:
8 comments to Amish night |
|||||
|
CC 2010 ModestoWeb - Algúns dereitos reservados Bad Behavior has blocked 176 access attempts in the last 7 days. |
|||||
Un saúdo para vostede tamén
Mourulloooo onde te metes home!!
¿Cando é a vindeira?
Encantado de saudarte, Modesto, aínda que non tivéramos tempo para charlar por porme a arraxar o mundo con Calidonia e polo momento endolocalista con María de Mallou. Doutra volta será. Que saibas que ademais de chuceiro son seguidor ocasional do teu podcast, ale, xa sabes algo máis de min.
E non poñas a páxina do BNG de Carnota coma se fose o meu blog personal, tampouco hai que pasarse
En todo caso, cabaseira.blogspot.com, é o único no que participo polo momento.
Un saúdo!
Eu também vos botei de menos. De verdade
paseino mui ben, fui guai atoparnos de festa
Como mola esto de ler as historias paralelas da xente que acudiu á festa.
Modesto, posme colorado.
Para cando festa de podpailán??
Esas historias de posesións! Co desprendida que eu son!
Paseino moi ben, un pracer “fedellar” en persoa!