Arquivos

Categorías

Non publicidade


14 Maio 2008

Un día histórico para o audiovisual galego

Non sei se o título pode parecer un pouco pretensioso, pero é certo. Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza: as de Compostela, Correo TV e Localia, aínda que creo que non o saben en ningunha das dúas, porque non o anunciaron nin nada. O caso é que, aínda que a calidade de imaxe é cutre a máis non poder, o audio tamén (Localia só sae pola canle esquerda), non teñen guía de programación e todo iso, é un paso importante de cara ao apagón analóxico, para o que só falta un ano de nada. Pois iso, que velaí unhas capturas, e un saúdo a Vanessa Grela, compañeira de facultade, e a Sara García, con quen compartín esperpentos xa sabe onde :D

Localia Santiago en TDT
Correo TV Santiago en TDT

Ah, outra cousa: que se supón que a súa lingua vehicular será o galego, pero a canle de audio vén marcada como “esp”. Iso xa se irá amañando co tempo… Até o 30 de xuño de 2009.

Actualización: Ben, polo que vexo, en Localia si que o saben:

Localia no MUX 23 da TDT

6 comments to Un día histórico para o audiovisual galego

  • Moitas grazas por avisar. Durante a fin de semana tócame probar se dende Melide se pillan as canles de TDT local compostelás.

  • Un (desapercibido) día histórico para o audiovisual galego…

    *Hoxe comezaron a emitir pola TDT as dúas primeiras televisións locais de Galiza*: as de Compostela, Correo TV e Localia, *aínda que parece que non o saben en ningunha das dúas*, porque non o anunciaron nin nada….

  • [...] que segundo nos conta Modesto, a súa recepción non é nada boa tanto na calidade da imaxe como na de [...]

  • [...] pasado mércores Modesto informou no seu blogue do inicio de emisións en TDT por parte de Correo TV e Localia en Santiago de Compostela, o que [...]

  • Xose

    O certo é que a emisión de TDT local empezou o 2 de maio coa portadora na canle 23. Ese día durante varias horas poidemos ver Localia Tv en probas e posteriormente quedou o nome da emisora e a portadora mentres se fixeron axustes, nos que por certo andan ainda agora. Respecto a calidade é a mesma que as demais emisoras unicamente se nota a diferenza cando a emisión é en directo, ou en peliculas gravadas en analóxico ou dixital, tal como acontece coas demais emisoras. O indicativo do audio depende do equipo receptor que na maioria das veces non ten o indicativo de galego. De todolos xeitos é unha boa nova que esperemos se complete pronto coas que fallan tanto locais como autonómicas.

  • ana

    Lo he intentado,mais non pilla ninguna das dos…
    Va por zonas,o como e a cousa?

Leave a Reply

 

 

 

You can use these HTML tags

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>