A axuda dos 200 euros

Pois así foi como a solicitei, que ao final non custou tanto. Pero, si: non se puido facer a partir das 0 horas, senón xa pola mañá, cando media España estaba a darlle á tecla á vez, tamén.

En Madrí non fan como na Xunta e non se poden pedir as axudas a partir das 12 da noite.

Así que, ata mañá.

Ah, que mirara na Seguridade Social e é na AEAT.

Entra nun bucle e non hai xeito de solicitala. A ver se é problema do navegador e só vai (ehem) co Chrome.

Non. Non se pode aínda. Mañá veremos.

Os 200 euros, refírome.

https://video.twimg.com/tweet_video/Fo9rjMFXEAIe99K.mp4
Gif GIF

Seguindo co de onte: só vai en Chrome e constantemente pon

E ese erro, que se repite *cada vez que se cobre cada campo do formulario*.

Lembrade ter a man só dúas cousas: o número de conta e a referencia catastral do inmoble de residencia.

Ao presentar a solicitude aparecen varios avisos de ALARMA 🚨🚨🚨 pero realmente só lembran as condicións da axuda. Despois pon que está todo correcto.

E o formulario só está en castelán, por se queredes presentar denuncia perante A Mesa, etc. Pola miña parte xa listo.

Originally tweeted by Modesto (@Modesto) on Tuesday, 14 de February de 2023.

Entroido artificial

Pedinlle á intelixencia artificial de Craiyon que me amosase persoas das sete cidades galegas disfrazadas de difersos personaxes. Estes foron os resultados:

Entroido de Lugo:

En Ourense están máis pegados á actualidade:

O Entroido da Coruña é máis estilo libre:

O de Pontevedra, pois tamén:

Os de Vigo van un pouco de bandeira de Vigo, e non de Abel, pero ok.

En Ferrol SI QUE ACCURATE.

Composteláns compostelaning pero ao final resultaron ir disfrazados de Plásticos Santi.

Originally tweeted by Modesto (@Modesto) on Friday, 27 de January de 2023.

Oh, the irony

Hoxe volvo por aquí para constatar que os algoritmos e robots que controlan as redes sociais non son moi dados a pillar a retranca e a ironía. Hoxe Twitter limitoume a conta durante 12 horas por ter publicado un tweet parodiando as teorías conspiranoicas… y lo que sucedió después no te sorprenderá.

A brincadeira en cuestión.

Pois iso, amigues: non fagades brincadeiras ou escribades barbaridades de xeito irónico, que igual tedes que asumir as consecuencias de que fosen certas. Xa non son o primeiro ao que lle pasa, e o meu non foi o caso máis grave.

Paréceme moi ben que se controle a difusión de información falsa nun tema tan sensible para a saúde pública. O que tampouco me explico é como seguen existindo contas con miles de seguidores que espallan lixo e mentiras constantemente sen que lles pase nada. E aí seguen. Esperemos que isto sexa o comezo do fin para esas actitudes que non, non están protexidas pola liberdade de expresión.

Beizóns.

Villa de Puerto del Son

Cando entramos en Google Maps, en galego, especifico, atopamos este WTF maiúsculo.

Por algún motivo automatizado e por medio dalgún aquelado sistema de demencia artificial, Google decide extraer o nome da localidade desta entrada da Wikipedia en español. Entrada na que, por certo, figura no encabezamento o seguinte:

Este artículo o sección necesita referencias que aparezcan en una publicación acreditada. Este aviso fue puesto el 5 de abril de 2014.

E é que, de feito, ese topónimo está completamente inventado. En calquera caso, se se quixese empregar o nome que se lle deu á vila durante o franquismo, terminoloxía pola que ten especial adicción a Wikipedia en español, deberíase usar Villa y Puerto del Son, como se indica no propio artigo.

Por moito que tentemos restablecer o topónimo á súa forma legal, en cuestión de minutos algún bibliotecario ou administrador da Wikipedia en español reverterá os cambios ipso facto. Non son tan dilixentes en corrixir erros ortográficos ou de estilo, que pragan esta versión da enciclopedia libre.

Nunha última tentativa, decidín poñer como versión en galego desa Villa y Puerto del Son o seu equivalente na Galipedia. A ver se, co tempo, páxinas como Google Maps ou Facebook, cando as temos en galego, renomean a localidade polo seu nome correcto. Se as tes en castelán, seguirás a ver as mesmas aberracións.

Actualización (2-6-2017)

Pois, finalmente, na versión en galego de Google Maps xa aparecen os topónimos como na Wikipedia en galego, é dicir, co nome de localidade, seguido da parroquia e do concello.

Mapa de Porto do Son co topónimo correcto. Google Maps

Re-actualización:

Pois vese que recuaron e volvemos ter o topónimo marciano.

Actualización do 12-11-2017 (esperemos que derradeira):

Xa está solucionado, parece.